350 judokas de toda a comarca de Santiago daranse cita en Arzúa na XI Gala de Judo Batsugun
- Laura Moure
- 14 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Será este sábado no pavillón do Viso
Laura Moure/Arzúa
O pavillón do Viso en Arzúa será este sábado o escenario dunha auténtica festa do judo, acollendo a 350 judokas de toda a comarca de Santiago na XI Gala de Judo Batsugun, organizada polo Compostela Judo Club. Esta reunión, que comezará ás 10 horas e contará con tres quendas ao longo do día, promete ser un evento espectacular que celebrará o final da tempada de judo con subidas de cinturón e o peche de campaña.

"Continuamos co noso compromiso de potenciar o deporte como alternativa de ocio. Aumentar a oferta deportiva e os eventos deportivos é a mellor maneira que temos de amosar que o deporte é un estilo de vida saudable e unha alternativa de lecer divertida, para todas as idades e públicos," subliñaba Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa.
Publicidade
A Gala de Judo Batsugun non só reúne as e aos mellores judocas da comarca, senón que tamén serve como unha plataforma para que os deportistas e as deportistas amosen o mellor de si mesmos na loita polo ansiado cinturón. O evento promete ser unha xornada chea de emoción, técnica e compañeirismo, onde os familiares, profesores e colaboradores poderán disfrutar do talento e a dedicación destes deportistas.
Publicidade
O sábado, o pavillón do Viso será un verdadeiro templo do judo, celebrando non só o deporte, senón tamén os valores de disciplina, respecto e superación que este arte marcial promove.
Commentaires