top of page
Foto del escritorecosdacomarca

350 euros en vales de compras en Lalín... por San Valentín



Laura Moure/Lalín

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín e a Asociación de Empresarios de Deza (AED) lanzan un concurso de fotos no que repartirán 350 euros en vales de compra, co gallo da chegada do Día de San Valentín, o 14 de febreiro, para contribuír a dinamizar as compras vinculadas á conmemoración desta efeméride.


O concurso desenvolverase na páxina de Facebook do CCA de Lalín, a través da plataforma Easypromosapp, e consistirá en subir unha imaxe captada no interior ou exterior do comercio no que se realicen compras ata o día 14, amosando na fotografía a bolsa da compra realizada. Calquera usuario desta rede social poderá votar polas fotos presentadas e as tres con maior número de apoios recibirán os seguintes premios: a foto con máis “gústame”, un vale de compra por importe de 200 euros para gastar no comercio e na hostalaría asociados á AED; a segunda, un vale de compra de 100 euros e a terceira, un vale de compra de 50.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page