35 establecementos participarán na 13ª edición do Día do Comercio Local de Arzúa
- Laura Moure

- 19 nov 2025
- 1 min de lectura
Será do 6 ao 8 de decembro
Laura Moure/Arzúa

A Concellaría de Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana do Concello de Arzúa, que coordina Begoña Balado, avanza na preparación da 13ª edición do Día do Comercio Local, que terá lugar do 6 ao 8 de decembro. Unha vez pechadas as inscricións, 35 establecementos confirmaron a súa participación nesta cita, consolidando así o bo nivel de resposta do comercio arzuán a unha proposta que busca impulsar as compras na vila e fortalecer o sector.
Durante eses días, haberá descontos importantes —nalgúns casos de ata o 50%—, ademais de sorteos, agasallos e promocións especiais en locais de múltiples sectores,
desde moda e calzado ata librarías ou xoierías. A oferta completarase cunha variada ruta de tapas, que convidará a percorrer a hostalaría local.
Publicidade
A coincidencia coa feira quincenal e co inicio da campaña de Nadal servirá tamén para
dinamizar as rúas, nas que o Concello organizará actividades gratuítas destinadas a
públicos de todas as idades, co obxectivo de reforzar o ambiente festivo e estimular o
comercio de proximidade.
Publicidade
A información detallada do programa divulgarase este xoves, 20 de novembro, nunha
reunión prevista ás 20:30 horas na Capela da Madanela. As persoas responsables dos
negocios inscritos están convocadas a este encontro, no que se presentará a
programación completa, entregarase o material promocional e explicaranse as
novidades desta edición, ademais doutras accións municipais vinculadas ao impulso
comercial. O Concello anima aos participantes a asistir para coñecer todos os detalles
de primeira man.








Comentarios