top of page

32 persoas optarán a unha viaxe en autocaravana dentro do certame 'Vai de Parroquias' de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O sorteo terá lugar hoxe pola tarde


Laura Moure/Silleda

Un total de 32 persoas optan ao gran premio do certame Vai de Parroquias, convocado polo Concello de Silleda durante este Nadal ca dinamización do rural como protagonista. Baixo o lema “Vai de parroquias”, propúxose de novo ao público, por terceiro ano consecutivo, visitar as 33 localidades que conforman o municipio silledense, acreditando mediante fotografías cas Caixas de Correo Máxico e unha carta a completar para os Reis Magos cos lemas recollidos para cada unha das parroquias . Todas as persoas que participaron entrarán no sorteo dunha viaxe en autocaravana durante 4 días, para 4 persoas.

As Caixas de Correo Máxicas deste concurso.
As Caixas de Correo Máxicas deste concurso.

Dito sorteo público terá lugar hoxe, xoves día 9 ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa Consistorial, sendo ademais retransmitido polas Redes Sociais do Concello. Cada persoa participante ten asignado un número (seguindo a orde de inscrición no concurso), tal e como se establece nas bases.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este certame, no marco da programación de Nadal, busca dinamizar as localidades rurais do municipio, fomentando a participación activa da veciñanza e poñendo en valor as 33 parroquias que compoñen o termo municipal fomentando tamén o coñecemento das mesmas.


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page