300 quilos recollidos na primeira xornada de limpeza do río Furelos, entre eles bolsas con gatos e cans
- Laura Moure
- 2 sept 2024
- 1 Min. de lectura
O 7 e o 14 de setembro continuarán estas XX Xornadas organizadas pola Asociación de Troiteiros Río Furelos
Laura Moure/Melide
O sábado 31 de agosto tivo lugar a primeira quenda das XX Xornadas de Limpeza do Río Furelos organizadas pola Asociación de Troiteiros Río Furelos. Neste primeiro día, tal e como informa o colectivo, recolleron 300 quilos de todo tipo de lixo, incluso, animais mortos.

"Imperial, así comenzan as xornadas Limpeza do río Furelos 2024, cun televexo de marca
descoñecida tirado por un veciño desleigado do entorno e con ningunha empatía...conti-
nuamos coa animalada maior se se pode, bolsas con gatos e cans, dunha camada recén
nacida afogados no río, plásticos, botellas, rodas, cordeis, arames,... 300 quilos de todo tipo de lixo... podemos continuar pero non merece a pena", lamenta a asociación.
Publicidade
"Parabéns aos participantes e colaboradores, vémonos o próximo sábado 7 de setembro, cos mesmos horarios, no mesmo lugar e co ánimo intacto a pesar de tanta desidia, aban-
dono e mala educación", engade.
Ademais do día 7 as xornas tamén terán lugar o 14 de setembro. Os horarios son de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e o encontro na praia fluvial de Furelos.
Comentarios