Persoas con discapacidade de toda Galicia desfrutan destes programas que se desenvolven a través dos fondos do 0,7% das persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 na declaración da renda, e que xestiona a Xunta
Ecos da Comarca/Xeral
Cando se fai a declaración da renda, cada vez que unha persoa marca o recadro 106 de
Programas de interese xeral para fins de carácter social, coñecida por X Solidaria, permite
que o 0,7% do IRPF dos impostos que paga, poidan ser investidos en programas sociais
como os que desenvolven COGAMI e as súas entidades membro.
Durante este ano, levaranse a cabo 32 programas e proxectos que beneficiarán a máis de
3.500 persoas, e nos que se desenvolven actividades de intervención familiar en situacións
de especial vulnerabilidade ou dificultade; apoio á inclusión sociolaboral; promoción da
autonomía persoal a través de actividades físico-rehabilitadoras, fisioterapia, terapia
ocupacional, atención psicolóxica e social, atención temperá, información, asesoramento e
orientación, intervención social, actividades de lecer, deportivas e artísticas, transporte
adaptado; obras de mellora e adaptación de espazos; así como actividades de voluntariado.
Na liña de actuacións no ámbito da familia, a infancia e a dinamización demográfica,
COGAMI está a desenvolver o Programa IN-Itinere, que trata de dotar ás familias de
ferramentas para o acompañamento ás persoas con discapacidade, facilita o acceso a
servizos de calidade e mellora a xestión emocional no eido familiar.
No que se refire ás actuacións de inclusión social, intégrase o Servizo de inclusión ao
Emprego, executado por COGAMI e ACADAR, e que presta apoio á inclusión sociolaboral
das persoas con discapacidade.
Publicidade
No eido da promoción da autonomía persoal e apoio ás persoas con discapacidade,
desenvólvense unha serie de programas que levan a cabo tanto COGAMI como algunha
das súas entidades membro. Engloba os programa de: atención especializada, que inclúe
actividades físico- rehabilitadoras, de atención psicolóxica así como un servizo
complementario de atención social, a través das entidades AGL, AFFOU, GRUMICO,
AGFQ; atención social, asesoramento e intervención, desenvolvido por ACCU Ourense,
ACEM Coruña, ASOTRAME e ACEM Santiago, que promove a igualdade de oportunidades
na participación social e no acceso ao mercado de traballo; promoción da autonomía
persoal, que leva a cabo COGAMI e as entidades ASEM Galicia, ASEARPO, CONARTRITE,
AODEMPER e AVANTE, e que inclúe accións de información, asesoramento e orientación
así como de terapia ocupacional, psicoloxía, fisioterapia, actividades de lecer e artísticas;
atención integral, executado por COGAMI e ADAPTA, AMIZADE e AVEMPO, que procura
mellorar a autonomía e a calidade de vida a través de actividades de rehabilitación,
mantemento e mellora das condicións de saúde física; atención social e asesoramento
especializado, executado por COGAMI e as entidades ALCER Coruña, ALCER Ourense e
ALCER Pontevedra; atención temperá, desenvolvido por MISELA e VONTADE, e dirixido a
menores entre 0 e 6 anos con trastorno de desenvolvemento e/ou posibilidade de padecelo, e a nenas e nenos entre 6 e 16 anos con discapacidade recoñecida legalmente e as súas familias; así como o programa de lecer, cultura e deportes inclusivos, executado por COGAMI e ÁMBAR; ou o servizo de transporte adaptado.
Publicidade
Dentro dos proxectos de investimento e obra, levarase a cabo a instalación fotovoltaica
nos Centros de Fingoi (en Lugo), Medelo (en Silleda) e Ferrol, así como a renovación da
luminaria, co fin de mellorar a eficiencia enerxética. Realizaranse tamén, traballos de
carpintería e mantemento exterior en Medelo e Fingoi así como a instalación dun cambiador inclusivo neste último centro. Renovarase o equipamento informático no Centro de Monteporreiro (en Pontevedra), adquirirase novo material audiovisual para a promoción da comunicación inclusiva, e contarase coa dotación dunha nova furgoneta adaptada.
Ademais, COGAMI tamén está a executar o proxecto de construción de novas instalacións en Santiago de Compostela. Así mesmo, nesta mesma liña enmárcanse proxectos executados por entidades membro como os traballos de conservación nos centros ACEM Santiago e ADISBISMUR (en Outes); a mellora das condicións térmico- acústicas e enerxéticas de ASPAMITE (en Teo), a instalación solar fotovoltaica nos centros de AIXIÑA (en Ourense) e ÍNTEGRO (en Cabana); ou a renovación do equipamento informático e dixital en AGORA, (Monforte).
Outros dos programas que se están a desenvolver a través dos fondos da X Solidaria recolle actuacións destinadas ao voluntariado, a través do Programa de Voluntariado e a Rede de Voluntariado de COGAMI, co obxectivo de mellorar a calidade das accións desenvolvidas e o grao de satisfacción das persoas voluntarias.
Todos estes programas, que contan co financiamento da Xunta de Galicia, supoñen que as
persoas con discapacidade teñan acceso a actividades e recursos encamiñados a mellorar a súa calidade de vida e inclusión social.
Comments