Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

3ª xornada de Rexional Preferente remata con empate do Boimorto C.F. e coa vitoria do S.D. O Pino

Ambos equipos xogaron onte pola tarde. O Boimorto C.F. empatou 0-0 na casa contra o Puebla F.C., mentres que o O S.D. O Pino gañou por 0-3 na casa do Laracha C.F.


IsmaelRS/Boimorto/O Pino

Os equipos que representaban á comarca de Arzúa nesta terceira xornada de Rexional Preferente Galicia 1º Fase Grupo 1º Norte - Subgrupo 1A, xogaron onte os seus partidos de liga, conseguindo puntuar ambos os dous equipos.

Boimorto C.F. - Puebla F.C.

  • O C.F. Boimorto xogou o seu partido contra o Puebla F.C., tivo lugar no campo municipal de O Carballal (Boimorto). O partido rematou cun empate a 0-0 entre ambos equipos.

Laracha F.C. - S.D. O Pino

  • O S.D. O Pino xogou o seu partido contra o Laracha F.C., tivo lugar no campo municipal da Laracha. O encontro rematou con vitoria por 0-3 para o equipo visitante, os goles foron obra de Jonathan Cendón González (50 '), o segundo dos goles foi obra de Julio Díaz López (63´) e o último deles 5' minutos despois, grazas a un gol de Rubén Duro Valiño (69 ').

CLASIFICACIÓN

Grazas a estes resultados, o C.F. Boimorto mantense na terceira posición, mentres que S.D. Pino fai o mesmo na cuarta posición.


PRÓXIMA XORNADA:

A 4ª xornada da liga disputarase o vindeiro domingo 17 de outubro, cos seguintes encontros:

  • U.D. Paiosaco-Hierros - Boimorto C.F., no campo Municipal de A Porta Santa, terá lugar ás 18:30 horas.

  • S.D. O Pino - S.D. Fisterra, no campo Municipal de Reboredo.


61 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE