O partido xogouse onte pola tarde, no campo de Municipal do Viso e rematou coa vitoria do equipo local
IsmaelRS/Arzúa
A 7ª xornada de liga na Terceira División RFEF Grupo 1 entre o C.S.D. Arzúa e o Racing Club Villalbés xogouse onte á tarde no campo Municipal do Viso, e rematou coa victoria do equipo local por 2-1.
Despois de varias xornadas sen conseguir os tres puntos, o C.S.D Arzúa volve á senda da vitoria. O partido rematou coa vitoria por un gol de vantaxa para o equipo arzuá, grazas os goles de Diego Enjamio Carrillo (14´), acto seguido o equipo visitante consegue empatar grazas o tanto de Daniel Pedrosa Loureiro (15´) e o terceiro e último gol, foi obra de José J. Bertua Fontenla (48´).
CLASIFICACIÓN
Con este resultado, o C.S.D. Arzúa sube á décimo cuarta posición da táboa.
PRÓXIMO ENCONTRO
Na 8ª xornada, o C.S.D. Arzúa xoga contra o C.F. Noia, dito partido terá lugar no campo municipal Julio Mato (Noia), o domingo 24 de outubro.
Comments