top of page
Foto del escritorIsmaelRS

28 de agosto: celébrase o Día Mundial da Síndrome de Turner

IsmaelRS/Xeral

Cada 28 de agosto celébrase o Día Mundial da Síndrome de Turner, unha enfermidade xenética que afecta só a mulleres cunha incidencia dunha cada 2.500 nenas.


O obxectivo deste día é concienciar e sensibilizar á poboación sobre esta enfermidade e fomentar a investigación neste campo.


Publicidade

Que é a síndrome de Turner?

Trátase dunha alteración cromosómica que consiste na falta total ou parcial do cromosoma X. As nenas e mulleres coa síndrome de Turner teñen unhas características específicas como baixa talla (20 cm. menos do normal) e disxenesia gonadal, o que afecta á formación dos ovarios.


A síndrome recibe o seu nome do endocrinólogo Henry Turner que en 1.938 describiu esta patoloxía.


Polo xeral, as persoas que padecen a Síndrome de Turner adoitan ser de estatura baixa durante a infancia, teñen o pescozo curto e o tórax ancho e moitas veces padecen enfermidade cardíaca conxénita. Nas recentemente nadas o máis evidente é a hinchazón no dorso das mans e pés.


Na puberdade, non se desenvolven os seus órganos sexuais e non hai presenza da menstruación, polo que non poden ser fecundadas.


Ademais estas pacientes experimentan con maior frecuencia hipertensión arterial, diabetes, alteracións renais ou oculares.


Antigamente, e ante o descoñecemento da enfermidade, dicíase que estas pacientes tiñan dificultades cognitivas, pero realmente isto podíase deber a trastornos emocionais provocados polas diferenzas físicas, e iso provocaba dificultades na aprendizaxe.

Publicidade

A importancia da detección precoz para a síndrome de Turner

A detección precoz e os tratamentos poden axudar ás persoas coa síndrome de Turner a mellorar a súa calidade de vida. Os novos métodos diagnósticos como o ecógrafo fan que se poida diagnosticar a enfermidade mesmo antes do nacemento.


E os tratamentos consisten en hormonas de crecemento para mellorar a talla e hormonas sexuais para desenvolver os caracteres sexuais. Con todo iso e tratamento psicolóxico adecuado, as persoas coa síndrome de Turner poden levar unha vida normal.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page