top of page

24 nenos presentan traballos ao II Concurso de Postais “Aldeas de Nadal” de Lalín

Co conxunto dos traballos realizarase unha exposición na planta baixa da Biblioteca Municipal, que permanecerá aberta ata o 9 de xaneiro de 2026


Laura Moure/Lalín

O II Concurso de Postais “Aldeas de Nadal”, promovido pola Biblioteca Municipal Varela Jácome, vén de pechar o prazo de presentación de traballos. Nesta edición este certame que ten como fin fomentar a creatividade e a participación cultural da cativada lalinense recibiu un total de 24 postais:

  • Categoría A (3 a 6 anos): 16 debuxos presentados

  • Categoría B (7 a 12 anos): 8 traballos recibidos

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O xurado, designado pola Concellería de Cultura, seleccionará proximamente unha postal gañadora por cada categoría, valorando a orixinalidade e a creatividade acorde coa idade dos participantes. Cada gañador por categoría (A e B) recibirá un diploma e un lote de libros, e todos os nenos e nenas participantes contarán cunha mención especial.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Co conxunto dos traballos realizarase unha exposición na planta baixa da Biblioteca Municipal, que permanecerá aberta ata o 9 de xaneiro de 2026, data na que terá lugar a entrega oficial de premios e diplomas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page