top of page
Foto del escritorecosdacomarca

200 persoas da zona da Coruña visitan A Peneda

Ecos da Comarca/Monterroso

200 persoas da zona da Coruña visitaron este domingo A Peneda, en Monterroso. En concreto, e tal e como informa o Concello, tratouse dunha excursión de 200 persoas chegadas de diversas localidades próximas á Coruña, como Laracha, Coristanco, Arteixo, Cambre, Carral e Culleredo, celebraron onte unha romaría na área recreativa da Peneda.

A empresa de viaxes Dorneda agradece a colaboración do Concello de Monterroso na organización desta cita festiva, a segunda vez que visitan a vila. Aseguran que os visitantes se van encantados e pensan xa en volver o vindeiro ano.


Publicidade

Ao longo do día desfrutaron das instalacións, xantaron e aproveitaron para cantar e bailar acompañados dun grupo de música tradicional.


Publicidade

O alcalde, Eloy Pérez, achegouse para saudalos e desexarlles un bo día. Tamén os convidou a volver a Monterroso e gozar da súa natureza e gastronomía.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page