A cita deportiva estivo organizada polo Club Ciclista Lucus Augusti en colaboración co Concello
Laura Moure/Monterroso
Este sábado tivo lugar III Memorial Xosé Antonio López. Participaron na proba preto de 200 ciclistas nas diferentes categorías, desde promesa ata sub 23. A cita deportiva estivo organizada polo Club Ciclista Lucus Augusti en colaboración co Concello de Monterroso.
Publicidade
Os encargados de entregar os trofeos foron o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e os concelleiros Jessica Rodríguez e Balbino Fernández, así como o presidente do Club Ciclista Lucus Augusti, Francisco Javier Lorenzo, e a viúva e fillo de Xosé Antonio López 'O Roán'.
Publicidade
A organización tamén agasallou cunha medalla a todos e todas as nenas que particiaron na xincana que se celebrou ao longo da mañá no patio do Espazo Cultural Lorenzo Varela.
Publicidade
Pódese consultar a clasificación no seguinte enlace:
Parabéns a todos!
NOTICIA RELACIONADA:
Monterroso celebra este sábado, 22 de xuño, a carreira ciclista III Memorial Xosé Antonio López: https://www.ecosdacomarca.com/post/monterroso-celebra-este-s%C3%A1bado-22-de-xu%C3%B1o-a-carreira-ciclista-iii-memorial-xos%C3%A9-antonio-l%C3%B3pez
Comments