top of page

200 actuacións de música tradicional e popular, entre elas na Ulloa, promovidas pola Deputación

Falcatrueiros poñen o ritmo hoxe en Santa Mariña do Castro de Amarante, en Antas


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo xestionou no primeiro semestre do ano máis 200 actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais a través do programa Tradigalu, dirixido á promoción da música tradicional e popular, entre elas na comarca da Ulloa.

A metade destas actuacións celebráronse no primeiro semestre do ano e outro centenar están programadas para os vindeiros meses. Con este calendario, definido atendendo ás solicitudes de asociacións e concellos, son preto de sesenta municipios de todas as comarcas os que ao longo do ano contarán con actuacións de Tradigalu en festas, celebracións populares e outras manifestacións festivas da nosa tradición.


Publicidade

A deputada Iria Castro explicou que “con estas máis de 200 actuacións xa realizadas ou programadas, Tradigalu está sendo unha das principais vías de colaboración coas asociacións e colectivos veciñais que dinamizan as parroquias e manteñen as celebracións tradicionais e populares por todo o territorio” e concretou que “o 75 por cento das actuacións foron ou serán en parroquias do rural”.


O programa implica un cento de agrupacións tradicionais, bandas e corais. A área de Cultura financia integramente as actuacións, facilitando a presenza da música tradicional e popular en diferentes eventos festivos e culturais e apoiando a actividade destas formacións que, ademais de contribuír á difusión da música tradicional cos seus repertorios, desenvolven unha importante labor de formación e investigación. Tradigalu conta este ano cun orzamento de 250.000 euros, 100.000 máis que na pasada anualidade.


Próximas actuacións:

Fol do Raxal Cervo 8 de xullo


Publicidade

Caivanca Guitiriz 8 de xullo


Banda de Música EGS Ars Nova Samos 9 de xullo


Mouricios (Chantada) Asociación Sociocultural Agarimo 9 de xullo


Son de Lugh Bazal (Pantón) 9 de xullo

Falcatrueiros Santa Mariña do Castro de Amarante (Antas de Ulla) 9 de xullo


Amigos da Pandeireta de Merenzao Campos de Vila (Quiroga) 15 de xullo


Banda de Sober Adá (Chantada) 16 de xullo

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page