top of page

20 persoas formaranse en reforestación e tratamentos silvícolas en Melide, Arzúa, Santiso e Toques

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O curso,que recibiu unha axuda da Xunta , estenderase durante un ano, dando comezo o vindeiro mes de setembro


Laura Moure/Comarca Terra de Melide

Unha vintena de alumnas e alumnos de Melide, Arzúa, Santiso e Toques formarase no obradoiro dual de emprego organizado conxuntamente por estes Concellos baixo a denominación Natureza no Camiño de Santiago. O curso, centrado en repoboación forestal e tratamentos silvícolas, estenderase durante un ano, dando comezo o vindeiro mes de setembro.

A Xunta de Galicia, a través da súa Xefatura Territorial da Coruña, vén de resolver favorablemente a concesión dunha subvención de 503.987 euros para a realización deste proxecto. Deste modo, o Goberno autonómico achegará dúas anualidades por valor de 176.395,45 euros e 327.591,55, en 2022 e 2023 respectivamente.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Entre as zonas que serán obxecto de actuación no desenvolvemento do curso, atópanse varias parcelas forestais públicas na concentración parcelaria Maceda-Orois de Melide, e no camiño da ruta da senda do Bocelo no mesmo municipio. En Arzúa, levaranse a cabo actuacións de mantemento, roza, limpeza e silvícolas na Mota, Beis-Oíns, Castro Curbín (Rendal), Tronceda, Dombodán e Burres. En Santiso, as actividades levaranse a cabo na zona náutica de Beigondo e nas fincas do Castro de Ribadulla, no campo da festa de Barazón e o campo de fútbol de Visantoña. Tamén na área de Belmil; no muíño, fonte e lavadoiro de Novela; no campo da festa de Serantes e no camiño Fonte Santa. En Toques, as zonas comprendidas serán as contornas das capelas de San Cidre e San Antolín, a contorna de San Antolín e das fervenzas de Brañas, no Forno dos Mouros, o Castro da Graña, e os roteiros da Fervenza, a Ermida e os Megalitos, así como no sendeiro do Bocelo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page