top of page

19 proxectos empresariais danse a coñecer en Palas de Rei dentro do Coworking Camiño de Santiago

Laura Moure/Palas de Rei

Un total de 19 proxectos empresariais foron expostos no acto de clausura da segunda edición do espazo Coworking Camiño de Santiago e desenvolto durante estes últimos meses en Palas de Rei. Un espazo de traballo, destinado a emprendedores innovadores, deseñado para aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores en fase temperá de desenvolvemento, co fin de acadar que estes emprendedores poñan en marcha os seus proxectos, aportando ideas, ilusión, enerxía e compromiso; en compaña de titores e mentores, ademais dun programa formativo especializado.

Durante o acto de clausura celebrado na Casa de Cultura de Palas, presentáronse os proxectos:

- LOGÍSTICA PALAS: do emprededor Yonatan Armesto Arango. Centro loxístico de conxelado e seco, ubicado no centro de Galicia, no polígono de Palas de Rei, o que permite prestar o servizo a empresas ubicadas nas catro provincias galegas. Ofertando un servizo 360, tamén se encargan de transportar a mercancía tanto a nivel nacional como internacional.


- MOVEMENTO BENESTAR: da emprendedora Milagros Bordones. Ofrece clases innovadoras de Ioga e Danza Contemporánea, a persoas desde a tenrura da nenez ata a beleza de ser maiores. É un servizo que aposta por mellorar a saúde e o estado físico.


- TATARABOAS: das emprendedoras María José Bouzas e Ana María Hernández. É un obrador de galletas artesás que traballa con criterios de calidade e sostibilidade, facendo uso de produtos saudables de cercanía.


- OLA! CATALINA: da emprendedora Vanessa Castro; é unha web de venta de producto adicado o coidado persoasl e o coidado dos máis pequenos da casa, donde os clientes atopan consellos e axuda no ámbito da dermocosmética.


- LATE FOOD AND CATERING: da emprendedora Lucía Carballido. Catering persoalizado para eventos únicos creando experiencias gastronómicas cunha estética coidada.


- ZUMOA: da emprendedora Raquel Payo. É un proxecto para promocionar a vida saúdable poñendo en valor os zumes naturais unido á actividade física, creando zumes naturais de calidade, con todo o seu aporte nutricional que lle aporta a froita recén exprimida e complementados con actividades físicas que proporcionan benestar como sesións de ioga infantil.


- AIDA COBAS ACTRIZ-FORMACIÓN: da emprendedora Aida Sánchez. Este proxecto tenta achegar dunha forma moderna e actual o teatro, a interpretación e a formación actoral a todas as persoas, independentemente da súa idade. O feito de unir o desenvolvemento persoal e as artes escénicas fan deste proxecto un referente na zona.


- MAGÜ: da emprendedora Nyasha Debranbandere. É un proxecto de revalorización do rural galego, coa producción e transformación de cánabo industrial.


- APU TECH: do emprendedor José María Fernández. Todas as apliacións que precises, Apps fáciles, divertidas e funcionáis que permitan ás persoas interactuar co seu entorno.


- CELTAS DA ULLOA: do emprendedor Diego Goméz. É a primeira empresa especializada na cría do leitón galego con certificado de raza 100% autóctono. Cunha coidada alimentación natural.


- TRES PALLEIRAS: do emprendedor Xabier Mailán. Cada palleira (construcción labrega típica da Comarca da Ulloa) recibirá un novo uso, convertíndose en espazos que revitalizarán e enriquecerán o entorno rural onde se atopan.


- BARVANTIA: da emprendedora Silvia Martínez. É unha solución para os amantes das autocaravanas. A misión é dar solución de mobilidade e de transporte para persoas que decidan facer os Camiño de Santiago ca comodidade das súas autocaravanas ou furgonetas camperizadas.


- THE LITTLE FOXES CLUB: da emprendedora Vanessa María Mato. É un sistema de ensino en inglés, mediante obradoiros educativos en plena natureza, con traballos dirixidos e a través de xogos, os cativos aprenden a comunicarse mellor e nunha língua estranxeira.


- RURAL O URBANO: da emprendedora Laura Vallverdú; é unha plataforma “ecommerce” desde a que se promove un estilo de vida que engancha. Cunha selecta gama de produtos gastronómicos elaborados por produtores locais que poñen en valor o noso territorio. Fusiona tradición gastronomía cun lifestyle campestre de vangarda.


- O&S PRODUCTIONS: do emprendedor Jesús Otero; pensada en proporcionar solucións que exploten a paisaxe sonora coma elemento diferenciador do produto; artellan solución factibles innovadoras e adaptadas a cada cliente. Buscan xerar valor nos produtos, sevizos ou marcas dos clientes


- JOHAN FOTOGRAFÍA E VIDEO: do emprendedor José Antonio Nieto.É un proxecto que nace como un espazo no que busca brindar aos clientes a mellor imaxe de si mesmos, nos eventos máis destacados da súa vida: bodas, bautizos, comunións, renovación de votos… ou no mesmo desempeño profesional; modelaxe, promocións, produto, corporativas…coa finalidade de realizar fotografías e vídeos que fagan especiais as persoas que os protagonizan.


- MIGUEL VARELA: do emprendedor Miguel Varela. A través da súa marca persoal, ofrece a empresas do sector audiovisual, axencias de comunicación e organismos galegos do sector, servizos de coordinación e control dos recursos técnicos, orzamentarios e loxísticos necesarios na execución dos distintos proxectos (espectáculos musicais, teatrais, cinematográficos…)


- DORIS REPOSTERÍA OBRADOIRO ARTESÁN: da emprendedora Aurora Rodríguez. Intenta que os seus doces fagan vivir momentos e experiencias únicas capaces de emocionar con recordos e sabores inolvidables. Mantendo vivas as tradicións o patrimonio etnolóxico local e recuperando recetas do pasado e adaptándoas os produtos de hoxe.


- PATACAS MARIÑAO: do emprendedor Miguel Vázquez. É unha empresa de distribución de produtos alimenticios de calidade para hostelaría e venda particular, especializada en diferentes variedades de patacas, cebolas e allos. Nos últimos tempos incorporou produtos non perecedeiros como a pasta, legumes, ademais, de pellets. Ofrece servizo de atención e reparto persoalizado.


Este espazo Coworking foi posible grazas a colaboración da Escola de organización industrial, a Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22, o Concello de Palas de Rei e o Fondo Social Europeo “o FSE inviste no teu futuro”.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page