top of page

19 Concellos, entre eles Antas, ofrecerán un programa pionero da Axencia Tributaria para facer a declaración da renta por videochamada a maiores de 65 anos

Laura Moure/Antas de Ulla

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou este martes que os 13.750 veciños e veciñas dos concellos adheridos ao novo programa da Axencia Tributaria para realizar a declaración da renda por videochamada xa poden solicitar a súa cita. Esta iniciativa permitirá que 19 concellos lucenses de menos de 3.000 habitantes podan ofrecer a persoas de máis de 65 anos un servizo presencial nas casas dos concellos para presentar a súa declaración.


Isabel Rodríguez subliñou a vontade do Goberno para “achegar a Administración Xeral do Estado aos cidadáns, facilitando e prestando axuda ás persoas maiores nas súas xestións de modo presencial”. Ademais, explicou que este novo servizo súmase aos existentes como a “Administración preto de ti” ou o programa de carteiros rurais, ambos coa finalidade de que a veciñanza do rural, sobre todo a de maior idade, coñeza e teña a posibilidade de realizar trámites desde a súa localidade.

Os concellos lucenses que prestarán este servizo para partir do próximo 7 de maio son Abadín, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Begonte, Carballedo, Láncara, Navia de Suarna, O Incio, O Vicedo, Pantón, A Pobra do Brollón, Pol, Riotorto, Samos, Sober, Trabada e Xermade. A subdelegada do Goberno en Lugo agradeceu a predisposición destes concellos para participar nesta proposta pioneira da AEAT, proporcionando espazos para que os contribuíntes podan realizar as videochamadas.


Polo momento, esta iniciativa atópase nunha primeira fase piloto, de maneira que máis concellos dos 158 que integran os chamados de Reto Demográfico en Galicia serán susceptibles de unirse tamén ao programa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Funcionamento do programa

A cita para o servizo de confección de declaracións por videochamada poderá solicitarse a partir do pasado luns, 29 de abril, comezando o servizo como tal o 7 de maio. As peticións de cita poderán facerse nas respectivas Casas dos Concellos e a través da sede electrónica da Axencia Tributaria, xunto co resto de servizos de asesoramento que ofrece.


Non momento en que un veciño ou veciña destes concellos solicite cita para facer a declaración da renda, ofreceráselles facela a través de videochamada. Coa cita xa na man, tan só terán que achegarse ao Concello para ser atendidos por persoal da Axencia Tributaria. Na mesma videochamada xa poderá deixar presentada a súa declaración.


Ademais da posibilidade de pedir cita na sede electrónica, a Axencia Tributaria ofrece estes teléfonos de cita con atención persoal: 91 553 00 71 o 901 22 33 44 (de luns a venres, de 9 a 19 horas).



Коментари


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page