top of page

18 farmacias de Deza realizan cribados para detectar asintomáticos entre as persoas de 12 a 64 anos

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta iniciativa, para combater o coronavirus, arrancou este mércores


Laura Moure/Deza

Este mércores, 28 de abril, arrancou un novo cribado masivo nas farmacias da provincia de Pontevedra para detectar personas asintomáticas no marco do programa para a detección da Covid-19 a través das farmacias e mediante a recollida dunha mostra de saliva, suscrito entre a Consellería de Sanidade e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra. Nesta ocasión, está dirixido ás persoas de entre 12 e 64 anos.


Autor: T.A.C.

Como solicitar un kit?

O farmacéutico pode suxerir a realización da proba ou ben actuar a pedimento do usuario, se este cumpre os criterios de inclusión no grupo de cribado. Segundo isto, o grupo diana son cidadáns que non tivesen resultado positivo en Covid-19 nos últimos tres meses nin sexan contactos de seguimento, non fixesen PCR nos últimos 15 días e non presenten síntomas de infección por coronavirus. Seguindo as indicacións do farmacéutico, deberán tomar a mostra e, no prazo indicado, devolver o tubo á farmacia onde o recibirán e enviarán ao laboratorio de referencia. Se o resultado é negativo recibirase unha mensaxe de texto ao móbil, e se é positivo deberase realizar unha PCR e seguir as pautas das autoridades sanitarias.


Esta é a listaxe de farmacias da comarcas de Deza que participan:

  • Agolada: Trabado Otero, Alfredo. Avenida do Concello, 72. 986 788 130.

  • Dozón: Patiño Meijide, Pedro. Calle Castro, 6. 698 679 2157.

  • Lalín: García Curros, David. Avenida Luis González Taboada, 34. 986 782 053.

  • Lalín: Granja Bargados, Alberto. Avenida Montserrat, 46. 986 787 090.

  • Lalín: Punín Crespo, Mª Oliva. Calle Colón, 1. 986 780 045.

  • Lalín: Ferreiro Calvo, Beatriz. Calle Loriga, 14. 986 781 249.

  • Lalín: Carballude Taboada, José Ramón. Matemático Rodríguez, 11. 986 787 178.

  • Lalín: Madriñán Batán, Inés Elena. Calle Principal, 15. 986 780 332.

  • Lalín: Parrado González, Carmelo Ramón. Calle Prado. 986 794 239.

  • Lalín: Santorum López, María Jesús. Calle Carretera de Vilatuxe, s/n. 986 784 490.

  • Rodeiro: López Losada, Irma Carretera General, 10. 986 790 160.

  • Silleda: Taboada Mella-García Madriñán C.B. Avenida del Parque,39. 986 581 266.

  • Silleda: Chamorro Díaz, Antonio Arturo. Rúa Emilio Alonso Paz nº 6 – Sta. Eulalia P. 986 180 624.

  • Silleda: Garrido Novoa, José Luis Rúa Trasdeza, 82. 986 580 095.

  • Silleda: Otero Silva, José Carretera Xeral, 37 – Bandeira. 986 585 337.

  • Vila de Cruces: Santamarina Fernández, Eduardo Rafael. Calle Gres. 986 583 205.

  • Vila de Cruces: Vázquez López, Alberto Calle Soto, 11. 986 582 049.

  • Vila de Cruces: Rico Sanmartín, Ana. Carretera de Bandeira, 4. 986 582 039.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page