Este mediodía a Xunta informou que estes cribados se estenderán a toda Galicia
A Farmacia Astray de Vila de Cruces.
Autor: T. A. C.
Laura Moure/Deza
As farmacias de Pontevedra e A Coruña ampliarán a súa participación en cribados de Covid-19 que vían realizando desde febreiro a poboación adulta agora tamén a adolescentes entre 12 e 17 anos. Con esta ampliación reafírmase a confianza da Xunta de Galicia e a súa Consellería de Sanidade na participación das farmacias na detección de casos positivos desta enfermidade a fin de cortar posibles cadeas de transmisión do virus. Está dirixido a todos a aqueles que non foran positivos nos últimos tres meses nin sexan contactos de positivos. Ademais, este mediodía a Xunta acaba de informar que estes cribados se estenderán a toda Galicia.
A Consellería de Sanidade valorou iniciar un cribado masivo entre os mozos de 12 a 17 anos, de maneira especial tras o período de Semana Santa. O procedemento é o mesmo respecto ao cribado dirixido á poboación adulta: as farmacias poderán ofrecer aos adolescentes que cumpran certos requisitos ou aos seus pais/titores a realización (entrega) de test de autodiagnóstico mediante recollida de mostras de saliva.
Procedemento
Unha vez identificado o paciente obxecto da súa inclusión no cribado, a farmacia dará ao interesado, ou ben ao pai ou titor, unha folla de consentimento que deberá cumprimentar, e faralle entrega dun kit para o seu uso persoal que deixará rexistrado, vinculado á súa tarxeta sanitaria, e cun teléfono de contacto para a comunicación dos resultados. Tamén, informaralle de como recoller adecuadamente a mostra e cando levala á farmacia. O paciente debe recoller a mostra de saliva pola mañá, antes de beber ou lavarse os dentes. E posteriormente entregala na farmacia seguindo as pautas e prazos dados.
A listaxe das farmacias da comarca de Deza que participan nestes cribados son:
Agolada: Trabado Otero, Alfredo. Avenida do Concello, 72. 986 788 130.
Dozón: Patiño Meijide, Pedro. Calle Castro, 6. 698 679 2157.
Lalín: García Curros, David. Avenida Luis González Taboada, 34. 986 782 053.
Lalín: Granja Bargados, Alberto. Avenida Montserrat, 46. 986 787 090.
Lalín: Punín Crespo, Mª Oliva. Calle Colón, 1. 986 780 045.
Lalín: Ferreiro Calvo, Beatriz. Calle Loriga, 14. 986 781 249.
Lalín: Carballude Taboada, José Ramón. Matemático Rodríguez, 11. 986 787 178.
Lalín: Madriñán Batán, Inés Elena. Calle Principal, 15. 986 780 332.
Lalín: Parrado González, Carmelo Ramón. Calle Prado. 986 794 239.
Lalín: Santorum López, María Jesús. Calle Carretera de Vilatuxe, s/n. 986 784 490.
Rodeiro: López Losada, Irma Carretera General, 10. 986 790 160.
Silleda: Taboada Mella-García Madriñán C.B. Avenida del Parque,39. 986 581 266.
Silleda: Chamorro Díaz, Antonio Arturo. Rúa Emilio Alonso Paz nº 6 – Sta. Eulalia P. 986 180 624.
Silleda: Garrido Novoa, José Luis Rúa Trasdeza, 82. 986 580 095.
Silleda: Otero Silva, José Carretera Xeral, 37 – Bandeira. 986 585 337.
Vila de Cruces: Santamarina Fernández, Eduardo Rafael. Calle Gres. 986 583 205.
Vila de Cruces: Vázquez López, Alberto Calle Soto, 11. 986 582 049.
Vila de Cruces: Rico Sanmartín, Ana. Carretera de Bandeira, 4. 986 582 039.
Estamos á espera da listaxe de farmacias do resto de comarcas.
コメント