Ecos da Comarca/Deza
Esta fin de semana un total de 18 corredores do Galaico Trail Run (GTR) participaron na carreira pedestre popular San Martiño de Ourense. Unha proba de 10 quilómetros de distancia na que gozaron moito e que por primeira vez contou con animación en diferentes puntos do percorridos.
"Nesta proba, os deportistas Cristóbal, Camilo, Adán e Suso, novo integrante do club, conseguiron baixar os 40 minutos de tempo. Desde o Club felicitamos a todos os participantes por animarse a asistir a proba e polos resultados conseguidos", recalca o GTR.
Comments