18.000 dípticos dos distintos atractivos de Palas de Rei repártense estes días en Fitur
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Os atractivos culturais, paisaxísticos, monumentais e históricos cos que conta o municipio de Palas de Rei están sendo promocionados estos días na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que está tendo lugar en Madrid. O Concello palense reparte 18.000 dípticos promocionales dos principais valores e recursos cos que conta o municipio e nos que se inclúen o Castelo de Pambre, a Igrexa de Vilar de Donas, As Torrentes de Mácara, entre outros.

A súa vez, o alcalde, Pablo Taboada, o longo do día de hoxe, ten programada a presenza en diferentes actos e reunións, destacando a da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, as de “Monumentos de España onde se encadra a promoción do Castelo de Pambre e da Igrexa de Vilar de Donas, así como a de Destinos termais e en dúas mesas de Turismo activo e de natureza para promocionar as Torrentes de Mácara. Tamén alí no recinto Ifema de Madrid, o mandatario estivo acompañado polo delegado territoral da Xunta en Lugo, Xavier Arias, no acto de presentación do Xacobeo 2022.