top of page

17 artistas confirmaron a súa participación na sétima edición de Arte na rúa de Arzúa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Despois de clausurar a oitava edición de Bo camiño na Capela da Madanela con máis de 3.300 visitantes, a arte en directo será a protagonista nos vindeiros días


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres, 6 de setembro, dentro da programación de verán, a sétima edición da actividade Arte na rúa. Comisariada por Cristina Carballedo, colle o relevo da oitava edición da exposición Bo Camiño que durante o mes de agosto superou as 3.300 visitas.

Trátase dunha xornada na que artistas profesionais de distintos puntos de Galicia traballarán obras en directo nas que Arzúa e o Camiño de Santiago serán o fío condutor. A actividade desenvolverase na contorna da Capela da Madanela e Praza de Galiza.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Nesta sétima edición confirmaron a súa participación un total de 17 artistas, entre os que se atopan os locais Rebeca Novo, María José Plata, Encarna Álvarez e Agustín Sánchez.

As creacións artísticas faranse de 10:30 a 13:30 horas e despois terá lugar un xantar de confraternidade. Ás sete da tarde inaugurarase a mostra das obras realizadas na Capela da Madanela. A galería estará aberta ata o 21 de setembro na Madanela en horario de 19:00 a 21:00 horas de martes a sábados.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “á veciñanza e visitantes a pariticipar nesta actividade na que os artistas saen á rúa e posibilítase tanto un contacto directo con eles como co proceso de creación dunha obra”. Ademais, destaca que “esta iniciativa forma parte dun programa expositivo que este ano superou xa as 6.600 visitas”.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page