top of page

15 Gardas Civís farán prácticas na Comandancia de Lugo e entre os postos figura o de Monterroso

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Monterroso

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, deu a benvida aos novos alumnos da Garda Civil que se incorporan á Comandancia de Lugo para realizar as prácticas coas que completarán a súa formación. Entre os concellos nos que levarán a cabo a súa labor está Monterroso. A subdelegada estivo acompañada na presentación polo tenente coronel interino, Julio González. A subdelegada animounos “a emprender unha nova etapa formativa en Lugo onde poderán adquirir unha experiencia vital para o seu futuro profesional”.

Ademais, asegurou que “supón un reforzo importantísimo en materia de seguridade para a nosa provincia, que repercutirá na mellora dos servizos cara ao cidadán”. En relación con isto, avanzou que desde o Goberno de España está a se facer un intenso traballo e informou que “grazas ás ofertas públicas de emprego recuperáronse desde 2017 un total de 36 prazas, chegando aos 1.004 efectivos da Garda Civil a día de hoxe na provincia”. Isabel Rodríguez saudou este martes aos 15 gardas en prácticas, que pertencen á 128 promoción da Academia de Baeza, en Xaén; e á 169 promoción do Colexio de Gardas Novos de Valdemoro, Madrid; nun acto que tivo lugar no patio de armas da Comandancia da Garda Civil de Lugo.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, Isabel Rodríguez felicitou á Comandancia de Lugo polo labor realizado, afirmando que Lugo é unha das provincias máis seguras da provincia, cunha taxa de criminalidade moi por baixo da media nacional. Neste sentido, lembrou aos novos gardas civís o importante servizo á comunidade que presta a institución, da que dixo que conta co afecto dos lucenses, na protección da cidadanía. Tamén fixo fincapé na súa intervención nas medidas innovadoras postas en marcha para incrementar a presenza da muller na Garda Civil. “Hoxe, das 15 persoas que vos incorporades, 7 son mulleres. É unha alegría e un inmenso orgullo constatar que a benemérita é un corpo atractivo para as mulleres, que non limita o seu desenvolvemento persoal nin lle impide alcanzar todas as súas aspiracións”, engadiu.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por último, a subdelegada desexoulles toda a sorte e éxito profesional para esta nova etapa que comezan en Lugo. “Espero que cando terminedes a vosa formación algúns de vós elixades esta Comandancia como destino. Porque Lugo é unha terra de acollida que vos recibirá cos brazos abertos”, reiterou.


Prácticas en 14 postos da provincia

Tras superar o curso académico, estes gardas civís completarán a súa formación con 40 semanas de prácticas nas que reforzarán o persoal, coincidindo co inicio da época estival. Os 15 gardas, 8 homes e 7 mulleres, foron destinados a 14 postos das 4 compañías nas que se organiza a Comandancia da Garda Civil de Lugo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Concretamente, completarán a súa formando realizando prácticas nos postos de Rábade, Monterroso, Vilalba, Guitiriz, Meira, Muras, Chantada, Seoane do Courel, Sarria, Burela, Ribadeo e Foz. Case a metade dos gardas de prácticas son naturais da provincia de Lugo, de onde proceden 7; outros 3 son da Coruña, 2 de Asturias, 1 de Ourense, 1 de Burgos e 1 de Cáceres. A idade media desta promoción é de 29 anos e ningún de seus membros supera os 38 anos.


NOTICIA RELACIONADA:





0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page