14 corredores de montaña federados realizarán hoxe unha “maratón” dende Melide a Santiago
- ecosdacomarca

- 7 dic 2025
- 1 min de lectura
É unha iniciativa, a que se pode ir sumando xente, que ten por obxectivo amosar a repulsa e oposición a Altri na Ulloa e a reapertura da mina de cobre a ceo aberto en Touro-O Pino
Ecos da Comarca/Xeral
Este domingo 7 de decembro de 2025, a plataforma Ulloa Viva e a plataforma veciñal Contra a Mina Touro -O Pino organizan unha maratón entre Melide e Santiago. Queren
amosar a repulsa e oposición a ambos proxectos, o da celulosa Altri na Ulloa, e a reapertura da mina de cobre a ceo aberto en Touro-O Pino.

"Ambos proxectos amezan tanto toda a conca do Ulla como a Ría de Arousa e, de materializarse, constituirían unha moi grave agresión ao medioambiente, á economía e á saude pública no corazón de Galicia. Catorce corredores de montaña federados, representando ás organizacións convocantes, realizarán unha “maratón” dende Melide a Santiago de Compostela",sinalan os colectivos.
Publicidade
A carreira sairá, ás 7:30 horas da Praza principal de Melide e realizarase en tres etapas:
Melide-Arzúa con chegada ás 9:00 horas
Arzúa-O Pino con chegada ás 10:30 horas
O Pino--Monte do Gozo con chegada ás 12:30 horas
Monte de Gozo- Praza do Obradoiro con chegada ás 13:30 horas
Publicidade
Os corredores poderán ser acompañados e recibidos en cada etapa, para culminar cunha
concentración na Praza do Obradoiro, onde se dará lectura a un manifesto e a convocatoria para da manifestación prevista para o día 14 de decembro en Santiago de Compostela.








Comentarios