top of page
Foto del escritorLaura Moure

125 anos de boa música en Antas de Ulla

A banda deste municipio está de aniversario e celébrao este mércores cun acto e o xoves actuará na festa de San Xoán desta localidade


Laura Moure/Antas de Ulla

A Banda de Música de Antas de Ulla soprará este ano as súas 125 velas de aniversario. Esta longa traxectoria está cargada de talento, boa música, compañerismo, equipo e grandes momentos, incluídos tamén os non tan bos que tivo que pasar, como a pandemia do coronavirus. Con motivo do seu 125 aniversario terá lugar un acto este mércores, día 23 de xuño.

A Banda de Música de Antas de Ulla.


O evento arrancará ás 20:00 horas e nel intervirán diferentes autoridades: Javier González, director da Banda de Música de Antas de Ulla; Pilar García, deputada provincial; José Tomé, presidente da Deputación de Lugo; Alberto Galego, concelleiro de Cultura, e Alba Val, presidenta da Banda de Música de Antas de Ulla.


Durante a cita a agrupación informará da programación anual con motivo desta celebración e o acto rematará cun concerto do Grupo de Metais e Percusión da Banda de Música de Antas de Ulla.


Festa de San Xoán

Esta formación musical tamén actuará ao día seguinte na súa localidade con motivo da festividade de San Xoán. A programación desta festa será:

  • 11:30 horas: Terá lugar o pasacalle da Banda de Música de Antas de Ulla.

  • 14:00 horas: Será o concerto de vento, madeira, corda e percusión da Banda De Música de Antas de Ulla na Praza Nova.

  • 17:00 horas: Actuación do grupo de gaitas Fiadeira, na Praza de España.

  • 19:00 horas: Actuación dos Bolechas e entrega dos premios do Concurso de Nadal 2020 e do Concurso Letras Galegas 2021, na Praza Nova.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page