top of page

12 vehículos implicados en tres accidentes contiguos na AP-9

Ecos da Comarca/Xeral

O 112 Galicia recibiu as primeiras chamadas sobre o suceso múltiple pasadas as 8:30 horas desta mañá.


Deseguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. 


Ademais, foron avisados os Bombeiros de Betanzos e o persoal de limpeza e mantemento da propia autoestrada.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

As primeiras comunicacións co 112 Galicia eran confusas en canto ao número de vehículos implicados e posibles feridos, pero, pouco a pouco, os axentes da Garda Civil de Tráfico aclararon que se trataba de distintos accidentes moi próximos entre si. De feito, un produciuse no punto quilométrico 10 da AP-9, en Cambre, sentido sur; o seguinte ocorreu no quilómetro 11 do mesmo carril, e o terceiro no quilómetro 12 do mesmo sentido.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En relación ao número de feridos, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirma que só unha persoa tivo que ser evacuada ao hospital mentres que outras foron atendidas no mesmo lugar dos feitos, segundo apuntaron os bombeiros. 


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page