top of page

12 persoas feridas nunha colisión que implicou a 14 vehículos na autovía da Cañiza

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da comarca/Xeral

Doce persoas resultaron feridas de diversa consideración nunha colisión que implicou a catorce vehículos na autovía na Cañiza. Unha das persoas foi excarcerada polo GES-SPEIS de Ponteareas. Os implicados foron evacuados a  diversos centros hospitalarios polos servizos sanitarios, que tamén desprazaron ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Ourense. 

O  112 Galicia tivo constancia do acontecido a través do sistema de aviso de emerxencia dun dos vehículos accidentados (E-Call), contra as 13:45 horas. Diversos particulares contactaron nos instantes posteriores para aportar máis datos: o sinistro, no que se viron implicados 14 vehículos, produciuse no quilómetro 275 da A-52, na parroquia de Parada das Achas e en sentido Ourense. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Xa desde un primeiro momento apuntábase que varias persoas resultaran feridas, e unha muller permanecía atrapada no seu vehículo. Á vez, outros condutores informaban de importantes retencións no punto.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Entón, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES-SPEIS de Ponteareas, dos GES de Ribadavia e Avión, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da autovía. 


Os efectivos do GES-SPEIS actuaron rapidamente para liberar á muller, que foi atendida polos servizos sanitarios xunto con outros 11 implicados. 



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page