12.545 persoas ELIXISTES hoxe a ECOS DA COMARCA para a información máis local do centro de Galicia
Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

ECOS DA COMARCA tamén somos NOTICIA! Hoxe, 12 de outubro de 2022, fostes máis de 12.500 persoas as que nos lestes!! E isto para un humilde proxecto coma este é MARABILLOSO!!

Por iso o equipo de ECOS DA COMARCA queremos rematar o día agradecendo a todos e a todas os que nos seguides día a día; aos 12.500 de hoxe, aos 6.200 de onte, aos 8.500 de antonte... por formar parte da familia ECOS DA COMARCA.
GRACIAS, GRACIAS E GRACIAS por crer en nós, por elixirnos, por motivarnos, por ilusionarnos, .... por facer que isto continúe medrando!
Nós... seguimos traballando para facer chegarvos a información máis local do centro de Galicia.