top of page

11 persoas integran a nova agrupación de voluntarios de Protección Civil de Dozón

Hoxe recibiron os carnés oficiais identificativos nun acto celebrado no Consistorio


Laura Moure/Dozón

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de apoiar durante os últimos meses a creación e posta en marcha da nova Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dozón, que hoxe presentouse en sociedade nun acto celebrado na Casa do Concello.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o director xeral de

Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiron esta mañá o acto de entrega de

carnés oficiais e acreditacións identificativas aos 11 integrantes desta entidade nun

encontro que tivo lugar no Consistorio e que tamén contou coa presenza do alcalde

castrense, Adolfo Campos, o responsable provincial de Emerxencias, Miguel Ángel Pérez

Dubois, e outros representantes municipais.


“Queremos trasladarlles os máximos parabéns a estas once persoas polo seu altruísmo e

xenerosidade e por embarcarse nunha actividade que implica moitos sacrificios persoais e

familiares, pero que contribúe enormemente a mellorar a sociedade e que sempre reporta a satisfacción de axudar aos demais”, manifestaron os representantes autonómicos, que

tamén quixeron agradecer a colaboración e implicación do Concello na posta en

funcionamento deste novo servizo.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

A agrupación deu os seus primeiros pasos hai 18 meses cunhas xuntanzas organizativas e o establecemento dunha folla de ruta ata a aprobación provisional, en abril do ano pasado,

do regulamento da agrupación nun pleno extraordinario. Posteriormente, xa no mes de

setembro, a entidade deuse de alta no rexistro oficial e a continuaciónn os seus once integrantes cumprimentaron o Curso Básico de Protección Civil –obrigatorio para ser

voluntario– no veciño municipio de Lalín.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así, a agrupación xa está a dar os seus primeiros pasos, tras case ano e medio de tramitación administrativa e formación do seu persoal, e comeza coa atención de

incidencias e a realización de operativos no termo municipal, polo que dende a Xunta de

Galicia quixo acelerarse a entrega dos elementos identificativos e a celebración deste

encontro para trasladarlles os parabéns e o apoio do Goberno galego.


“É fundamental que os concellos, e principalmente os rurais como Dozón, cunha

poboación bastante envellecida e cunha dispersión importante, conten cunha agrupación

de Protección Civil, cuxo único fin é axudar aos veciños, especialmente nas circunstancias

máis difíciles, e por iso teñen a absoluta colaboración da Xunta, que irá da súa man ao

longo dos vindeiros anos para que cada vez dispoñan dos mellores medios para atender

aos cidadáns”, concluiron os representantes autonómicos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page