top of page

11 ofertas para mellorar tres viais autonómicos nos concellos de Arzúa, Touro, Boqueixón e Lousame

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-207, AC-308 e AC-960, que discorren por estes concellos da provincia da Coruña


Laura Moure/Comarca de Arzúa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu 11 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Arzúa, Boqueixón, Lousame e Touro e que suporán un investimento de 1.006.100 euros.

Foto de arquivo.

A actuación, cun prazo de execución de seis meses, prevé rehabilitar o firme en varios treitos das estradas AC-207, AC-308 e AC-960, que discorren polos citados concellos da provincia da Coruña.

A previsión da Xunta é comezar as obras na primavera, co fin de telas rematadas neste mesmo ano.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Os traballos obxecto deste contrato consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal. A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page