top of page

11 ofertas para as obras da mellora en dous viais autonómicas ao seu paso por Monterroso, Taboada e Palas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A actuación prevé intervencións ao longo dos arredor de 20 km de lonxitude que suman as dúas estradas que conforman o eixe de comunicación destes tres municipios


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Xunta recibiu 11 ofertas para executar as obras de mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso polos concellos de Monterroso, Taboada e Palas de Rei, licitadas por máis de 1,1 M€.

En concreto, esta actuación, que terá un prazo de execución de seis meses e cuxo inicio prevese para o verán, busca incrementar a comodidade e a seguridade viaria dos usuarios das estradas LU-212, que une Taboada e Monterroso, e a LU-221, que vai de Monterroso a Palas de Rei.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Deste xeito, as intervencións permitirán actuar e mellorar o firme naquelas zonas onde é necesario ao longo dos arredor de 20 km  de lonxitude que suman estas dúas vías da Xunta, realizando reforzos localizados e puntuais do pavimento.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información desta empresa.

Os  traballos nestas 2 estradas autonómicas que conforman o eixe de comunicación Taboada-Monterroso-Palas de Rei é reparar e renovar o firme nas zonas onde é preciso actuar para adecualo ás necesidades de durabilidade e funcionais das propias vías, co fin último de garantir a seguridade a comodidade nos desprazamentos dos veciños.

Repararanse posibles fisuras e cuarteos, renovando o firme nas zonas nas que este se atope máis deteriorado nestas dúas vías de titularidade autonómica que soportan un tráfico que se sitúa arredor dos 2.200 vehículos ao día.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page