top of page

11 empresas presentan as súas ofertas para executar as melloras do vial que enlaza Rodeiro e Agolada

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A Xunta prevé comezar este verán os traballos, que terán un prazo de seis meses


Laura Moure/Deza

Un total de 11 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de acondicionamento do firme na estrada autonómica PO-212 entre Rodeiro e Agolada, cun investimento de case 1,2 millóns de euros. A Xunta prevé comezar este verán os traballos, que terán un prazo de execución de seis meses.


A actuación de reforzo de firme realizarase ao longo dos 15,6 quilómetros desta estrada co obxectivo de mellorar a súa seguridade viaria e as condicións de condución. A intervención, segundo as necesidades de cada treito, incluirá o fresado e a posterior reposición do firme con mestura bituminosa en quente, previa aplicación dunha rega de adherencia. Tamén está previsto que en toda a vía se aplique microaglomerado en frío para minimizar o futuro desgaste da capa de rodadura e favorecer a adherencia dos vehículos.


Este contrato tamén incluirá a reposición da sinalización e a colocación de máis de 1.500 elementos de balizamento, co formato de captafaros, para incrementar a visibilidade.

Ademais o proxecto abranguerá a redución do ancho dos carrís centrais para establecer algunhas zonas intermedias cebreadas no marco das actuacións complementarias de modernización da estrada.

Autoridades presentes no vial que une ambas localidades o día da presentación da obra.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page