top of page
Foto del escritorecosdacomarca

10 ofertas para executar as obras de mellora do firme das PO-206 e PO-905 ao paso por Lalín e Cruces

As intervencións, licitadas por máis de 2,6 M€, consisten no acondicionamento do firme en preto de 21 quilómetros destas vías autonómicas


Ecos da Comarca/Deza

A Xunta recibiu 10 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme nas estradas PO-206 e PO-905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces, licitadas por máis de 2,6 M€.

 

As intervencións consistirán na renovación do firme da calzada nalgúns dos treitos da PO-206, entre os puntos quilométricos 0 e 16+310; e na estrada PO-905 entre os quilómetros 0 e 4+500, mellorando as súas características actuais. Os traballos obxecto deste contrato contan cun prazo de execución de 9 meses e a lonxitude total da actuación rolda os 21 quilómetros.

 

Xa no detalle, as obras previstas na PO-206 abarcan o treito inicial da vía no treito de algo máis de 16,3 quilómetros no seu percorrido polo municipio de Lalín, ata o quilómetro 13+420. Neste punto comezan as intervencións no treito de preto de 3 quilómetros da estrada ao seu paso polo concello de Vila de Cruces.

 

No caso da intervención na PO-905, os traballos céntranse no tramo inicial desta estrada, de 4,5 quilómetros, que atravesa o concello de Vila de Cruces.

 

As obras consistirán na reparación do firme mediante fresado e reposición das zonas localizadas que se atopen deterioradas e a aplicación dunha nova capa de rodaxe ou microaglomerado nalgúns treitos nos que sexa preciso. Como complemento a estes traballos, reporanse as marcas viarias, símbolos e cebreados en todo o treito das actuacións na PO-206 e na PO-905 e procederase á colocación de elementos de balizamento e reposición de captafaros.

 

Publicidade

O obxectivo da Xunta é adxudicar as obras no mes de xuño e executalas entre o verán e o outono.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando o vindeiro ano 53 M€ á súa conservación.



0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page