top of page
Perruquería Marisa.gif

10 ofertas para dotar de saneamento os núcleos de Viladónega, o Outeiro e o Pedral, en Boimorto

A actuación, cun investimento de 487.000 euros, iniciaranse a finais de verán e dispoñen dun prazo de catro meses, co obxectivo de que estean rematadas a comezos de 2023


Laura Moure/Boimorto

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu 10 ofertas de empresas para executar as obras para dotar de saneamento os núcleos de Viladónega, O Outeiro e O Pedral, no concello de Boimorto, que suporán un investimento de 487.000 euros.

As actuación enmárcanse no convenio asinado entre a Xunta e o Concello polo que a Administración autonómica cofinanciará a actuación nun 80%, comprometéndose a entidade local a realizar os trámites e a poñer á disposición os terreos, ademais de cofinanciar o 20% das actuacións.

As obras son susceptibles de contar con financiamento europeo do eixe REACT-EU do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da covid-19. Os traballos prevén iniciarse a finais de verán e dispoñen dun prazo de execución de catro meses. O obxectivo é que estean rematados a comezos de 2023.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page