top of page
Foto del escritorLaura Moure

10 mozos italianos con autismo e os seus acompañantes fan o Camiño pasando polas comarcas

A Garda Civil colabora con este proxecto solidario: o Camminautismo


Laura Moure/Xeral

Os participantes o pasado venres en Palas de Rei.

A Garda Civil colabora con por terceiro ano consecutivo co proxecto solidario CAMMINAUTISMO. Esta colaboración encádrase no Plan se Seguridade Xacobea e máis concretamente no obxectivo de consolidar un Camiño accesible para calquera peregrino que desexe realizalo. Dita peregrinación organizada pola Associazione Mulino Sambuy, está composta por un grupo de 10 mozos italianos con autismo, os seus acompañantes e un equipo multidisciplinar formado por educadores, enfermeiros e voluntarios.


Para os mozos con autismo a experiencia do Camiño supón un desafío, ao enfrontarse a dificultades como relacionarse coa contorna, comunicarse noutro idioma, pernoitar lonxe dos seus familiares e as propias esixencias físicas da peregrinación. A investigación é unha parte deste proxecto, demostrando que o Camiño axuda a reducir a depresión e a ansiedade nas persoas con autismo.


A Garda Civil como forza de seguridade prevalecente no Camiño, estando presente no 90% do total dos percorridos dos diferentes Roteiros Xacobeos en España e dada a súa vocación benemérita colabora coa devandita iniciativa, realizando o acompañamento e seguridade dos mozos e do resto dos compoñentes, a mesma correrá a cargo de membros do Corpo voluntarios, neste labor estarán acompañados por dous membros da arma de Carabinieri italiana.

Publicidade

O venres entraron nas comarcas realizando a etapa Palas de Rei-Melide. Onte domingo, fixeron a etapa Arzúa-O Pedrouzo e hoxe luns están coa última, O Pedrouzo - Santiago de Compostela. Está previsto que cheguen ao Obradoiro entre as 14:30 e as 15:30 horas.





0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page