top of page

Últimos preparativos da área de Ribadiso que abrirá ao público este venres 12 de xullo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta área de Arzúa levaba pechada desde 2019


Laura Moure/Arzúa

A posta a punto do "Chiringuito" de Ribadiso (Arzúa) transcorre segundo o anunciado e abrirá as súas portas ao público o vindeiro día 12 de xullo co motivo do inicio dos "Seráns en Ribadiso".

Esta área, que levaba pechada desde 2019, é unha aposta en firme do goberno municipal que quere devolverlle o seu esplendor á zona. Por iso, en primeiro lugar, desde o Concello acondicionouse a zona da cociña ao entender que era un investimento moi alto que disuadía e discriminaba aos pequenos negocios que quixeran facer unha aposta pola xestión do "Chiringuito".


A inversión de fondos propios que se fixo desde o Concello rondou ós 20.000 euros nunha reforma que permitíu dotar as instalacións dunha cociña nova, reformar os baños, facer tarefas de mantemento e acondicionamento da área recreativa así como eliminar as pintadas e os desperfectos que se produciron na zona tras tantos anos pechada. Grazas a este investimento, conseguiuse adxudicar unha concesión cun compromiso de 5 anos prorrogables a 2 máis (1+1). Unhas circunstancias que permitirán que desde o goberno local se poidan seguir desenvolvendo políticas municipais que dean contido á área recreativa, como "Os Seráns de Ribadiso", que fan unha aposta por ampliar a axenda cultural do Concello máis alá das datas sinaladas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

"A recuperación do 'Chiringuito' e da área recreativa de Ribadiso sempre foi unha prioridade deste goberno. E por iso non dubidamos que desde o primeiro minuto debiamos asignarlle unha partida que garantira a recuperación para poñela en marcha. Dentro do noso compromiso de devolverlle os espazos públicos á veciñanza, así como crear espazos de lecer alternativos e para desfrute dun público familiar", subliña Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

"Convidamos a toda a veciñanza a que se achegue este venres, 12 de xullo, e desfrute da contorna, a música e a programación cultural que desenvolvemos para a inauguración".


NOTICIA RELACIONADA:



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page