top of page

Última semana para desfrutar da exposición sobre o Castro Curbín en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

A exposición “Castro Curbín: Xogando na Idade de Ferro”, que ten entre os seus achados o primeiro taboleiro de xogo de Europa, encara a súa última semana en Arzúa antes de ser trasladada ao Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. O próximo 1 de marzo, os restos expostos serán depositados neste museo, e deixarán de estar accesibles para o público.

FOTO

Dende a súa inauguración, a exposición, ubicada na Antiga Casa de Correos, contou con varias excursións de grupos organizados, así como a visita de numerosas persoas de Arzúa e da comarca, que non quixeron perder a oportunidade de contemplar estes achados excepcionais de preto. En apenas tres semanas, a mostra xa rolda as 250 visitas.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Horario de apertura ao público:

  • Martes a sábado: 11:00 - 13:00 e 17:00 - 19:00 horas.

  • Domingo: 11:00 - 13:00 horas.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta é a derradeira oportunidade para visitar a exposición en Arzúa antes do seu traslado, unha ocasión única para mergullarse na historia e na cultura da Idade de Ferro a través dos achados do Castro Curbín, tal e como sinalan dende o Concello.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page