Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Éxito rotundo da Festa da Castaña de Vila de Cruces

Servíronse 250 quilos do produto estrela e 100 litros de viño


Laura Moure/Vila de Cruces

Este xoves volveu a tradicional Festa da Castaña de Vila de Cruces. Cando o reloxo do

Consistorio marcaba as 11:00 horas, tal e como indica o Concello, os máis pequenos da casa foron os encargados de inaugurar esta edición, sendo os primeiros protagonistas. Na segunda fase incorporáronse á festa os veciños e veciñas de Vila de Cruces, que puideron este ano volver reunirse ao redor dunha mesa para gozar deste froito seco do outono.


Nesta ocasión, o Concello preparou 250 quilos de castañas e uns 100 litros de viño para acompañar este manxar, unhas existencias que ao longo da mañá fóronse reducindo paulatinamente, conseguindo practicamente esgotar todas as existencias en poucas horas.


O alcalde do municipio, Luis Taboada, non quixo perder este evento, no que estivo acompañado en todo momento polo concelleiro de Cultura e Turismo, Julio López, e da

concelleira de Facenda, Mireya Otero, e no que o propio rexedor se animou a cociñar algunhas castañas. Ademais, o equipo de goberno xa anunciou que xa está a traballar na nova edición para o ano que vén na cal segundo adiantou, haberá algunha novidade que sorprenderá aos máis novos da casa.

Asistentes á celebración de Vila de Cruces.

106 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE