Ecos da Comarca/Monterroso

A iniciativa Xogade coas motos tivo lugar este sábado en Monterroso. 40 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos participaron nesta inicitiva que se celebrou na Cúpula ao longo de todo o día.
Publicidade
A Xunta de Galicia, da man de VF Timing e da Federación Galega de Motociclismo, promove esta segunda edición de ‘Xogade coas motos’, a actividade de motociclismo do Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), dirixido a todos aqueles rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos que queiran probar unha moto de velocidade por primeira vez e que, de novo, viaxará polas catro provincias galegas ata a fin de 2024.
Publicidade
Cómpre salientar que no programa de 2023 participaron uns 110 rapaces e rapazas dos cales unha decena xa adestran con frecuencia de cara a comezar a competición nos vindeiros anos.
コメント