Laura Moure/Touro
Ducias de Papa Noeles motandos en moto recorreron as distintas parroquias do concello de Touro este sábado pasado. Sen dúbida, a I Papanoelada Moteira Concello de Touro foi un éxito. Estivo organizada por este Concello en colaboración co motoclub Motouro.
Publicidade
"Tivo unha magnífica acollida a I Papanoelada Moteira que fixo que ducias de motos percorreran todas as parroquias do concello", sinala a administración local. E a xornada non puido ser máis máxica xa que despois desta inicitiva houbo unha visita moi especial e acendéronse as luces de Nadal.
Publicidade
"Varios centos de persoas ateigaron Touro para disfrutar do acendido do alumeado de Nadal e da chegada de Papá Noel, que quixo visitar a nosa localidade para recoller aquelas cartas que aínda non recibira", sinala o Concello.
Publicidade
Comments