Feridos leves nun accidente na AP-53 á altura do municipio de Silleda
- ecosdacomarca

- 10 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Onte, venres, pola noite rexistrouse un accidente de tráfico na AP-53, á altura do concello de Silleda, que se saldou con feridos leves.

O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 22:00 horas. "O informante indicábanos que un coche impactara contra a mediana na AP-53, no quilómetro 24 á altura de Cervaña, dirección Ourense", sinala o 112 Galicia. Tamén sinalaba que había tres persoas que se atopaban xa fóra do vehículo.
Con estes datos, o 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza e á Garda Civil de Tráfico.
"Tempo despois outro alertante indicábanos que no accidente se viran implicados dous vehículos, pero segundo nos indicaban só había feridos leves", sinala o 112, que tamén informa que tempo despois os bombeiros xa lles indicaron que anularan o desprazamento ao lugar.







Comentarios