top of page

"É surrealista que o PP se autodemande o impulso definitivo do Polígono Lalín 2000 tras paralizalo 15 anos", sinala Forno

Cualifica a visita do gurpo parlamentario popular como un “acto propagandístico orquestrado para tratar de disfrazar a súa inacción durante anos"



Ecos da Comarca/Lalín

A secretaria xeral dos socialistas de Lalín, Alba Forno, cargou contra a recente visita do grupo parlamentario do Partido Popular ao municipio para anunciar que lle solicitarán á Xunta “é dicir, a si mesmos”, o “impulso definitivo” á cuarta fase do polígono Lalín

ç 2000. Para Forno, trátase dunha "tomadura de pelo sen precedentes" para todos os lalinenses, xa que tanto a Xunta de Galicia como o alcalde, José Crespo, levan prometendo a ampliación desta infraestrutura desde o ano 2011".


"Levamos 15 anos de promesas incumpridas, de falta de oportunidades de desenvolvemento industrial para Lalín, de dúas recuperacións económicas perdidas e agora o PP ten a desvergoña de vir facer un teatrillo mediático reclamándose o impulso definitivo do que eles mesmos paralizaron durante 15 anos”, denunciou Alba Forno.

Alba Forno.
Alba Forno.

A dirixente socialista critica con contundencia que, "tras anos de promesas incumpridas, partidas orzamentarias inexecutadas ano tras ano e abandono absoluto do tecido empresarial de Lalín, a Xunta de Galicia teña a ousadía de falar de compromiso coa ampliación do polígono". "Se tiveran realmente interese e compromiso, o polígono xa estaría ampliado hai moito tempo", afirma.


Forno sinala que o polígono seguirá sen ampliarse en 2025 e recordou que, "cando Crespo estivo na oposición, antepuxo os intereses do Partido Popular aos dos seus veciños, chegando incluso a pedir un rexistro de empresas interesadas en implantarse en Lalín para xustificar a paralización desta infraestrutura por parte da Xunta".


A secretaria xeral do PSdeG de Lalín tamén indica que a visita do grupo parlamentario popular, con Paula Prado á cabeza, “non foi máis que un espectáculo mediático orquestrado para tratar de disfrazar a súa inacción durante anos”. "Chegan aquí e montan unha posta en escena para anunciar o que xa levan 15 anos prometendo, é pura propaganda”, sinalou.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outro lado, Alba Forno reprobou que "o grupo parlamentario do PP e o alcalde confundan o partido coa administración, utilizando a Casa do Concello, que pertence a todos os cidadáns, para unha reunión de partido e para anunciar unha iniciativa parlamentaria do PP". "Crespo permitiría unha reunión no Concello para que o Grupo Parlamentario Socialista anunciase, por exemplo, unha iniciativa para ampliar as prazas nas escolas infantís?";, pregúntase Forno. Ademais, denuncia que o goberno local actúa como un "apéndice do Partido Popular, poñendo as institucións ao servizo dos seus intereses partidistas. O Concello de Lalín non é a sede do PP, é a casa de todos os lalinenses", concluíu.


Forno sinala que a utilización partidista do Concello por parte do PP "é tan descarada que as fotos da reunión foron publicadas directamente na web e nas redes do Partido Popular, evidenciando unha vez máis que empregan as institucións públicas para o seu propio beneficio".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page