top of page

É seguro bañarse nunha piscina pública en época de coronavirus?

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure


Laura Moure/Xeral

As altas temperaturas destes días xa nos fan sentir que estamos máis pretiño do verán. Unha das melloras armas para combater a calor son os chapuzóns. Nos pobos de interior, a falta de praias, o río e as piscinas son os lugares máis concorridos durante a época estival. Os Concellos están decidindo estes días se este ano abrirán ou non a súas piscinas, porque algúns municipios determinaron o verán pasado mantelas pechadas por mor da pandemia e xa hai algúns que xa tomaron a decisión de non abrilas este tampouco, como é o caso do Concello de Santiso tal e como anunciou onte. Pola contra, en Agolada, este verán si que abrirán despois de estar pechadas no 2020. Pero é seguro bañarse nunha piscina municipal?


Segundo os Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos (CDC), non hai probas de que o SARS-Cov-2, o virus que causa a Covid-19, se poida propagar ás persoas a través da auga das piscinas, os jacuzzis ou os parques acuáticos.

Ademais, o funcionamento adecuado destes lugares acuáticos e a desinfección da auga (con cloro ou bromo) deberían inactivar o virus.


José Ángel Morales-García, investigador e docente da Facultade de Medicina da Universidade Complutense de Madrid, analiza os datos publicados ata agora que proporcionan algunhas claves do que podría suceder este verán en relación á seguridade nas piscinas. O informe determina unha baixa probabilidade de contaxio pola auga, e lémbranos que a principal vía de transmisión do virus son as secreciones respiratorias que se producen ao falar, toser e esbirrar, polo que a distancia física entre persoas é fundamental para evitar contaxios. Polo tanto, o risco non está na auga, na area ou no aire en si, senón na aglomeración de persoas que conflúen en piscinas, praias e ríos, diminuíndo a distancia física de seguridade. Ademais, outro factor importante de transmisión de patóxenos son os chamados fómites ou obxectos de uso común como duchas, hamacas, tobogáns, varandas ou escaleiras de piscina, que poderían actuar como vehículo de contaxio. No que se refire á posible contaminación de espazos acuáticos naturais por augas residuais, o risco é reducido segundo os expertos, a condición de que estas augas fosen convenientemente tratadas.


Pero débese ser moi prudente e tomar todas as medidas como en calquera outro ámbito seguindo as principais medidas:

  1. Adecuado uso da máscara: sempre debe ser utilizada fóra das piscinas, pero non se recomenda dentro da auga, polo alto risco de que se molle.

  2. Distancia física: manter un adecuado distanciamento social dentro e fóra da piscina.

  3. Lavado de mans: siempre utilizar auga e xabón ou xel para lavar as mans despois de tocar calquera obxeto que fora tocado por alguén. alguien que no vive bajo el mismo techo.

  4. Non compartir elementos: Non é recomendable compartir elementos como xoguetes dentro da piscina.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page