top of page

"É moi grave como se está xestionando o diñeiro público e o retroceso a pasos axigantados de Cruces"

"Os cidadáns de Vila de Cruces están moi cansados de escoitar sempre a mesma música e as mesmas escusas do Goberno local", sinala o PP


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O PP de Vila de Cruces volve a pronunciarse sobre a xestión e transparencia do goberno local.


O seu comunicado íntegro:

"Os cidadáns de Vila de Cruces están moi cansados de escoitar sempre a mesma música e as mesmas escusas do Goberno local, que para ocultar a súa falta de control na xestión pública levan máis de catro anos estancados no lema “e ti máis” e “vivindo do pasado” cun rancor e odio sen precedentes. A oposición política ten un papel moi importante na nosa democracia, destacando o control ao Goberno. Os nosos catro concelleiros na oposición de maneira contundente seguiremos, por moitas trabas que nos queiran poñer cando solicitamos documentación ou outros requeriemientos, esixindo que se xestione o público con planificación e non con improvisacións e nulo control.

A información que, desde o Grupo Municipal do Partido Popular, publicamos hai uns días é moi importante que quede de manifesto a gravidade do proceder do Goberno Local coa contratación dunha rede de empresas que están vinculadas ao asesor de comunicación. No ano 2022, o Concello de Vila de Cruces tivo que pagar máis 53.000€ anuais ao conglomerado de empresas “multifunción”, vinculadas ao asesor de comunicación. Non podemos permitir que se continúe gastando o diñeiro público para maquillar e ocultar a verdadeira xestión do Goberno local. Realmente estamos a pagar todos os meses para que lle escriban a biografía persoal do Sr. Taboada e os seus concelleiros, máis nada que para iso, basta con revisar a liña editorial de “O Noticiero”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En só catro meses do 2023, concretamente desde xaneiro ata abril, o Concello de Vila de Cruces pagou ao asesor de comunicación máis de 39.000€, de continuar así ao final deste ano 2023 estariamos a falar de máis de 117.000€ anuais. O Goberno Local, lamentablemente, defendeu no seu último comunicado que apoia rotundamente ao seu asesor de comunicación e que non lle importa absolutamente nada que ese mesmo asesor cobre por servizos “multifunción”; tales por tarefas de comunicación e publicación no seu xornal, por impartir cursos de cestería ou de risoterapia, por vender camisetas ou por realizar vídeos.


O asesor de comunicación converteuse no “bazar de servizos multiusos" do Sr. Taboada”. Reiteramos o noso total rexeitamento a este proceder do Goberno Local co diñeiro de todos os contribuíntes, repetiremos as veces que sexan necesarias que o diñeiro non se está destinando para cubrir os servizos sociais que necesita Vila de Cruces, tales como a posta en marcha do Centro de día, a dependencia ou para reducir a extensa lista de Axuda no Hogar entre outras moitas máis medidas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Solicitamos de maneira urxente ao Goberno que se poña a traballar para mellorar os servizos existentes e para poñer en marcha infraestruturas necesarias que vimos comunicando desde estes últimos anos. Se o proxecto do Sr. Taboada e os seus concelleiros está baseado en “vivir do pasado” están moi equivocados se ese é o rumbo que pretenden levar a cabo o futuro de Vila de Cruces. Desde o Grupo Municipal do Partido Popular queremos deixar unha mensaxe moi clara que non temos ningún problema persoal contra ningún membro do Goberno Local, o que si temos, e é moi grave, é como se está xestionando o diñeiro público e o retroceso a pasos axigantados que está a sufrir Vila de Cruces".


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page