top of page

"É intolerable que Crespo aínda non saiba como financiará o novo local de Carragoso", lamenta CxL

"Leva catro anos burlándose da veciñanza", subliña Rafael Cuiña


Ecos da Comarca/Lalín

O candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, cualificou este domingo de “incomprensible e intolerable” que Crespo aínda non teña nin idea a estas alturas de como se vai financiar o novo local social de Carragoso.

“O feito de que na presentación do proxecto decidise botar as contas da leiteira falando dunha posible subvención da Deputación para poder acometer as obras deixa claro a falta de seriedade da iniciativa e tamén que o actual rexedor segue sen ter a máis mínima intención de facer esa actuación a curto prazo”, afirma o líder de CxL.

Con todo, lamenta que Crespo tivese “a falta de rubor” de convocar a veciñas e veciños a un acto no que se atreveu a afirmar que os traballos arrincarán este ano. “Sen financiamento”, aclara Cuiña, “non hai ningunha posibilidade de que empecen as obras; e se aínda non sabes nin de onde vas sacar os cartos necesarios, o único que podes facer son castelos no aire ou, neste caso, locais sociais no aire”, ironiza.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Nesta liña, remarca que Crespo foi incapaz de cumprir a súa palabra incluso cando reservou 400.000 euros para este centro no orzamento do ano 21. “Imaxinade agora, cando nin sequera sabe de onde vai sacar os cartos”, sentencia ao tempo que critica a política de gasto desmedida do goberno local: “Hai que andar pedíndolle a outras administracións que financien as necesidades reais da veciñanza, mentres o PP despilfarra cantidades inxentes de cartos públicos en cuestións non prioritarias, deixa remanentes millonarios e endebeda ao Concello ata as cellas”.


De todos modos, o candidato de Compromiso apunta que “esta mofa xa non sorprende a ninguén en Carragoso”. Tal vez por iso, “houbo unha boa cantidade de veciños e veciñas da zona que, fartos de catro anos de enganos, decidiron non formar parte do reparto deste novo sainete pre-electoral do Partido Popular”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Neste contexto, Cuiña sinala que “tivo que ser difícil para Crespo manterlle a ollada aos poucos veciños que asistiron a este paripé de precampaña e dicirlles á cara exactamente o mesmo que lles dixo hai catro anos e non foi capaz de levar a cabo en todo un mandato”.

“O PP”, conclúe, “so prometeu no seu día un local social en Carragoso para copiar a proposta de Compromiso”. A “diferencia abismal” entre o PP e CxL é que “nós, ademais de prometelo, imos facelo nada máis regresar á Alcaldía de Lalín despois das eleccións de maio”.


1 Comment


xocas gonzalez
xocas gonzalez
Mar 20, 2023

O señor estalle fallando o sr Soria,non acaba de convencer a agade ...home de creto e técnico de informes o parlamento premiado con soldó de conselleiro no biparti...

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page