top of page

Ánxeles Vázquez eloxia ao Concello de Silleda pola súa protección da paisaxe e do medio ambiente

Este Concello recibiu o distintivo de Bandeira Verde de Galicia


Laura Moure/Silleda

A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor a aposta do Concello de Silleda pola protección da paisaxe e do medio ambiente. Durante o acto deste distintivo na casa consistorial, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, subliñou que é a primeira vez que este municipio pontevedrés logra este recoñecemento ao seu compromiso coa conservación ambiental e paisaxística.

FOTO

Máis polo miúdo, a conselleira explicou que o concello presentou na súa candidatura sete accións que xa están en execución. Entre elas, destacou a elaboración do Plan estratéxico de localización e implementación dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030 e do Plan de acción polo clima e a enerxía sostible (PACES).


A maiores, o municipio tamén está a desenvolver o Plan municipal de emerxencia e xestión do risco de seca, o Plan de mobilidade urbana sostible e unha rede de calor con biomasa para a subministración de calefacción e/ou auga quente sanitaria en distintas instalacións co obxectivo de contribuír á diminución do quecemento global mediante a redución das emisións de dióxido de carbono (CO2).


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tal e como lembrou Ángeles Vázquez, a Bandeira Verde de Galicia ten unha grande importancia pola visibilidade que lles outorga os municipios como territorios responsables e comprometidos co impulso de diferentes tipos de accións e boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe; afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; xestionar de xeito responsable os residuos municipais, e sensibilizar á cidadanía nesta materia.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

De feito, cada vez son máis os concellos que acadan este recoñecemento. Así, en 2024 o Goberno galego concedeu 24 galardóns -un 33% máis que no ano 2023-, dos que 11 conseguiron este distintivo por primeira vez.


Para concluír, a conselleira animou aos concellos a optar a este recoñecemento na próxima convocatoria e engadiu que a súa concesión supón un mérito adicional para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural e, tamén, para recibir axudas autonómicas para construír e mellorar puntos limpos fixos, instalacións móbiles deste tipo ou impulsar proxectos de preparación para a reutilización.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page