top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Ángeles Vázquez trasládalle aos concellos dezás os obxetivos das novas Directrices da Paisaxe galega

A conselleira incide en que a súa aplicación será clave para compatibilizar a protección do patrimonio natural co desenvolvemento económico

Ángeles Vázquez, esta mañá, en Lalín.

Laura Moure/Deza

As primeiras Directrices da Paisaxe de Galicia entraron en vigor a fin de semana pasada co obxectivo de contribuír a compatibilizar a protección do entorno co desenvolvemento económico da comunidade, un reto para o que a Xunta espera contar con a implicación de todos os concellos galegos. Así llo trasladou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que particiou en Lalín nunha reunión de traballo con alcaldes da comarca de Deza para falar da aplicación das Directrices e das implicacións que terán a nivel municipal.


Neste senso, a responsable autonómica recordou que gracias a esta nova ferramenta de protección, xestión e ordenación paisaxística, Galicia consolida a súa posición como unha das rexións referentes e á vangardia na materia gracias ao traballo iniciado polo goberno autonómico fai xa máis dunnha década.


Durante este periodo, recordou, conseguíronse hitos como a aprobación do Catálogo das Paisaxes, o deseño e publicación dunha decena de Guías da Paisaxe Galega, o regulamento da Lei da Paisaxe ou a posta en marcha dos primeros Pactos pola Paisaxe, todas elas promovidas coa fin de incorporar a variable paisaxística, como un elemento clave, diferencial e un bo indicador do grao de desenvolvemento dunha sociedade, en todas as políticas de ordenación territorial e urbanística.


No caso concreto das novas Directrices da Paisaxe o obxectivo será compatibilizar a protección e a mellora da paisaxe co desenvolvemento económico da comunidade. Para lograrlo, a nova ferramenta inclúe, por unhha parte, toda unha serie de normas que serán de obrigado cumprimento para os instrumentos de planificación sectorial e urbanística, así como para as estratexias rexionais e locais; e por outra, un listado de recomendacións orientativas e que, polo tanto, suxiren limitacións ou condicións de carácter xenérico.


Así, as Directrices da Paisaxe de Galicia deberán integrarse en calquera plan, programa ou proxecto que se leve a cabo no territorio da comunidade. O obxectivo principal, como explicou a conselleira, é que os instrumentos de planificación territorial teñan en conta os valores paisaxísticos en todas as súas fases (deseño, aplicación e execución), respetando o carácter diferenciado das grandes áreas paisaxísticas e dos diferentes tipos de paisaxe.


Valor paisaxístico

En todo caso, aclarou que a entrada en vigor das Directrices non suporán un coste económico directo para o cidadán que, polo contrario, obterá o beneficio de ver como os novos proxectos e iniciativas que se desenvolven no seu entorno engaden valor paisaxístico.


A modo de exemplo, Ángeles Vázquez explicou que unha das normas de obrigado cumprimento será que as infraestruturas enerxéticas (tendidos e redes) deberán ser subterráneas no caso dos novos desenvolvementos urbanísticos. Ademais, nas Áreas de Especial Interés Paisajístico (AEIP) só se permitirá a apertura dunha canteira ou mina se está rigurosamente xustificada e non ten impacto, e deberase establecer limitacións respecto das plantacións de eucaliptos, fixándose como norma a promoción de medidas para sustituír estas masas e primar as especies autóctonas.


En canto á xestión dos espazos naturais protexidos, a conselleira explicou que, como norma, darase prioridade á rexeneración das zonas que sufran impactos paisaxísticos como incendios, vertidos ou similares e nos plans e instrumentos de ordenación forestal fixaranse medidas para a eliminación e prevención das especies vexetais invasoras.


Todas estas normas e recomendaciónss, como lle trasladou a conselleira aos rexidores de Rodeiro, Dozón, Vila de Cruces e Lalín, requerirán da colaboración e apoio das entidades locais, polo que agradeceu a súa implicación tanto na tramitación dunhas Directrices que foron “froito do consenso” como agora, na súa aplicación práctica.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page