Ecos da Comarca/Boimorto
A Xunta de Galicia e o Concello de Boimorto van estudar vías de colaboración para a posta en valor da contorna do refuxio de Arceo, no río Tambre.

Durante unha reunión que mantiveron recentemente a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa da localidade, María Jesús Novo, avaliaron o proxecto municipal para habilitar unha zona de baño nesta área fluvial para mellorar esta contorna e ofrecer a veciñanza e visitantes un espazo natural de lecer e desfrute colectivo.
Publicidade
Nesa liña, Ángeles Vázquez, logo de lembrar que o Goberno galego xa levou a cabo varias actuacións de cara ao acondicionamento, rehabilitación e mellora desta contorna no ano 2019, avanzou que a Consellería acometerá a limpeza do río como paso previo a esta posible actuación.
Comments