Álvaro Muñiz e Néstor Casal gañan a 27 edición do Rali do Cocido
- Laura Moure
- 22 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Os melidenses Alberto Otero e Jordan Vázquez quedan segundo e o terceiro posto foi para Óscar Palacio e Alberto Iglesias
Laura Moure/Deza
Tal e como informa a organización do Rali do Cocido, Álvaro Muñiz e Nestor Casal son os xustos vencedores da 27ª edición do Ralido Cocido. A dupla galega marcou un fortísimo ritmo desde o inicio da proba conseguindo deste xeito a primeira vitoria da CERA-Recalvi 2023.
A Clasificación Final é a seguinte:
Álvaro Muñiz / Nestor Casal Skoda Fabia R5.
Alberto Otero / Jordan Vázquez Skoda Fabia Rally 2 Evo.
Óscar Palacio / Alberto Iglesias Ford Fiesta Rally2

"Once eran os tramos aos que os participantes se debían enfrontar, por desgraza non todos ían ser capaces. A primeira baixa deixábanola Albert Orriols quen se saía de pista na primeira especial deste sábado. Óscar Palacio era por entón quen marcaba o seu ritmo repartíndose os scratchs con Muñiz. Xa a metade do rally era o piloto de Xa-Car quen lideraba a proba e non se desprendería do liderado ata o final", sinala a organización.
Na xornada da tarde Óscar Palacio cedería a segunda posición a Alberto Otero. Cagiao completaba o seu debut co Alpine A110 en 4ª posición e Javier Ramos 5º na xeral.
No apartado de históricos Javier Martinez Carracedo dominaba de principio a fin. Sergio Rico arrebataba a Xesus Ferreiro a 2ª praza no último tramo acabando así o podium neste apartado.
A Clio Trophy Galicia deixábanos unha interesantísima batalla que deixaba como vencedor a Álvaro Méndez con 6,2 segundos de vantaxe sobre Diego Félix. A terceira praza a completa Rasilla a máis de 3 minutos.
Comentarios