top of page

Álex Fiuza pide a Luis Taboada o coidado e mantemento dos espazos públicos de Vila de Cruces

“Lamenta que a sete días do comezo da Semana Santa, un dos maiores reclamos turísticos e máis visitado do municipio, como é a área da Carixa e a súa contorna, se atope nun estado total de abandono", sinala o nacionalista


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Un obxectivo do BNG de Vila de Cruces é que os espazos públicos sexan acolledores para a veciñanza e que o concello poida explotar o seu potencial turístico, patrimonial e natural para ofrecer un turismo respectuoso e de calidade co noso medio. Por isto, Alex Fiuza, pon como exemplo as melloras necesarias que se deben acometer na área recreativa da Carixa (Merza), e a súa contorna. “Lamenta que a sete días do comezo da Semana Santa, un dos maiores reclamos turísticos e máis visitado do municipio, como é a área da Carixa e a súa contorna, se atope nun estado total de abandono.”

"Débense retirar árbores caídas dende hai tres meses, outro máis de tres semanas que obstrúen a vía de acceso e de tránsito, segar a herba, reparar os peches de madeira perimetrais ao río, desatascar os sumidoiros que desbordan e arranxar a tapa da bomba das piscinas", explica.


Publicidade

"Algo que nos preguntamos dende o BNG, é como pensa o goberno local recuperar o céspede artificial que se colocaba no acceso ás piscinas e que foi arrastrado polo río, aparecendo anacos a máis de cen metros pendurados das árbores, porque non

se recolle ao rematar a tempada estival, para que non supoña un foco contaminante para o medio".


Publicidade

OFiuza reclama un mantemento máis continuo deste tipo de espazos, "e máis cando temos concelleiros con decicación e salario que deben encargarse desta xestión, xa que son lugares de ocio para veciños e veciñas durante todo o ano, e en concreto a Carixa, con chiringuitos de concesión pública, xunto coa área de autocaravanas e o sendeiro que une a Fervenza do Toxa co Mosteiro de Carboeiro, convértese nun enclave único para ter a punto en temporada alta".



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page