top of page

Álex Fiúza rexistra unha moción para instar ao goberno cruceño a alegar contra Altri

Solicita a implicación da Corporación "para enfrentar unha problemática común a todos os

con ellos bañados polo Ulla"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O voceiro do BNG de Vila de Cruces, Álex Fiúza, rexistra unha moción para instar ao goberno cruceño a alegar contra Altri. Lembra que no DOG do día 4 de marzo de 2024 saíu publicado o anuncio da Secretaría Xeral de Industria polo que se somete a exposición pública a AAI, o EIA, a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha industria de fibra textil a base de celulosa promovida por Greenfiber S.L. no concello de Palas de Rei. ( proxecto Altri).

ree

"O concello de Vila de Cruces non quedaría libre do impacto ambiental de implantarse esta industria, afectando directamente ás augas das dez parroquias cruceñas bañadas polas augas do río Ulla. No cal se prevé un consumo de 46.000m3/día (máis do10% do volume medio de auga do encoro de Portodemouros)".


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

E recalca que haberá "afectación ao bo estado das augas ao soportar un verquido de 30.000m3/día de augas Industriais; empeoramento da calidade das augas dos tres encoros superpostos (Portodemouros, Brandariz e Touro) e maior risco de eutrofización das súas augas por menor caudal e maior temperatura. É evidente que todos estes efectos negativos serán trasladados augas abaixo causando un impacto do río Ulla moi severo, empeorando a calidade das súas augas e compromentendo o caudal en

épocas de estiaxe".


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por isto, dende o BNG pedirán a implicación do concello de Vila de Cruces para elaborar e

presentar alegacións a este proxecto polas súas afeccións ás augas do río Ulla. Ditas alegacións serán presentadas no próximo pleno ordinario de abril para que as coñezan todos os grupos e poidan ser formuladas como un acordo do pleno da corporación.


Así dende o BNG de Vila de Cruces trasládase ao goberno local "a urxencia de alegar contra este macro proxecto, es que lonxe de xenerar postos de traballo o que vai supor vai ser un problema de hipercontaminación e absorción de auga potable".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page